domingo. 10.11.2024
El tiempo

“Pouco entre todos é moito”, o lema da campaña solidaria de Nadal das parroquias de Coristanco e o IES Pedra da Aguia

“Pouco entre todos é moito”, o lema da campaña solidaria de Nadal das parroquias de Coristanco e o IES Pedra da Aguia

As activas parroquias de Coristanco, da man do párroco Manuel Mayo, unen forzas co IES Pedra da Aguia para comezar cunha campaña solidaria. Os alumnos do centro no que o párroco é mestre, axudarán na campaña deste nadal para axudar ás familias máis desfavorecidas.

Pretenden recaudar donativo (para axudar a través de Cáritas a pagar a luz, roupa, calefacción, libros..), alimentos imperecedeiros (conservas, aceite, fariña, colacao, turróns, galletas…). Ademais a idea tamén é psicolóxica, coa intención de “concienciar do afortunados que somos incluso sen tocarnos a lotería, por ter familia, saúde e tantas cousas que ás veces non valoramos como debéramos”, explica Mayo.

Baixo o lema “Pouco entre todos é moito”, colaborarán co Cottolento de Santiago, institución eclesiástica onde están os nenos orfos, Cáritas, comedores sociais… De feito, este xoves 20 de novembro xa farán unha entrega de 1.200 kg de patacas doados polos empresarios e produtores locais de Coristanco.

Para colaborar, podes achegarte ata o 20 de decembro ás igrexas de Traba, Oca, Xaviña, Erbecedo e Seavia, ademais do IES da Ponte do Porto e a Casa Rectoral de Coristanco.

Unidade Pastoral de Zas, tamén En Negro

Outra parroquia que se move é a Unidade Pastoral de Zas, que se une á campaña En Negro contra as Violencias, cunha “misa aplicada por todas as vítimas de violencia doméstica vivas e defuntas”, este domingo ás 12:30h na Igrexa de Baio.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/patacas-solidarias-de-coristanco/

Comentarios