Xoves. 28.01.2021
El tiempo

Proposta a renovación da rede principal de abastecemento ao núcleo de Camariñas

Proposta a renovación da rede principal de abastecemento ao núcleo de Camariñas

A rede de abastecemento de auga do núcleo de Camariñas provocan a día de hoxe numerosos problemas de mantemento, xa que é moi antiga e que sofre periodicamente fallos no subministro, avarías... Unha rede que afecta a 2.500 habitantes, cira que se duplica no verán, polo se fai necesaria a súa renovación.

Deputación da Coruña apoiará con 80.000 euros ao Concello de Camariñas para a financiación do proxecto de renovación da rede principal de abastecemento ao núcleo de Camariñas. O convenio, que se aprobará no pleno deste venres, permitirá sufragar o 78,2% da obra, que conta cun orzamento de 102.266,95 euros, e o restante será asumido polas arcas municipais.

Os traballos que se levarán a cabo implican a substitución da actual tubaxe de fibrocemento de 200 mm. que une o depósito de abastecemento de Camariñas co núcleo de Outeiro, onde se realizará a conexión coa tubaxe existente, por unha nova de polietileno. Posteriormente, procederase á limpeza de cunetas e á pavimentación da zona afectada.

comentarios