Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Que foi do complexo de formación hostaleira de Aldea Madeira?

Que foi do complexo de formación hostaleira de Aldea Madeira?
Situacion actual de Aldea Madeira-Camarinas

A idea era estupenda. Un complexo creado no medio do monte que debería servir como escola de formación hosteleira, unha auténtica necesidade na Costa da Morte para profesionalizar o sector turístico. Pero tras apenas un par de cursos entre 2007 e 2009, o complexo quedou esquecido ata que a semana pasada un grupo de rapaces o utilizaba como sala de festas. E que o usen moitas máis veces, vaia, mellor que quede abandonado.

Hoxe é o grupo de Independientes por Concello Camariñas o que salta á voz pública denunciando a súa situación de "xulgado de garda". E critica tanto “o populismo chafardeiro do equipo de goberno como da da oposición". Destacan que "dende ó 2007 foron incapaces de artellar unha sóa idea ou proxecto para conseguir a mínima rentabilidade económica e social de Aldea Madeira".

Denuncian que tras "centos de millóns das antigas pesetas diluidas nun complexo que debía ser para potenciar o turismo e o que finalmente se converteu nunha especie de programa de TV ó estilo de “Pesadelo en Aldea Madeira” pola destrución do interior dos bungalós e a desaparición de numerosos materiais do complexo".

E critica con dureza a idea do PP de "un “gueto” para os menos favorecidos, supoñemos para que así non lle molesten o portavoz da oposición e poidan telos nunha especie de comuna controlada". Unha idea que califica de "patacón".

Aproveita ICC para lanzar un recordo sobre o Polígono de Camariñas, "que según o Alcalde xa estaban as máquinas indo polas Carballas é deberon de pinchar no camiño porque nunca máis chegaron".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios