Xoves. 09.05.2024
El tiempo

O Rebumbio da Costa estreou en Camariñas a súa aposta pola música en vivo

O Rebumbio da Costa estreou en Camariñas a súa aposta pola música en vivo
Leo KcH inaugurou os concertos do Rebumbio da Costa-Foto-Xose Valencia copy

Menudo festón armou o Rebumbio na Costa Asosiación Cultural para a súa presentación. Un triple concerto que servíu para deixar claro que os Aline Mouzo, Martina Trillo, Alan Louzán e toda a familia musiqueira costeira, van en serio con esta aposta pola música en directo, e do país.

Servíronse dese edificio cheo de posibilidades que hai en Brañas, Camariñas. Aldea Madeira nacía en 2007 como un prometedor proxecto de formación hosteleira na Costa da Morte, pero faleceu no intento. E hoxe endía, as súas fantásticas instalacións ("as instalacións e o entorno natural, de película") agardan propostas "lowcost".

Baixo prezo pero moita ilusión, o que propuxo o Rebumbio na Costa este pasado sábado cunha organización perfectamente profesional. Os amantes da música en vivo responderon e deixaron unha boa entrada.
Foi un dos nosos mellores representantes, Leö Kch o que abría o concerto inaugural. Un Leö que ademais estará esta noite de mércores en A Reixa, un dos templos musicais máis míticos de Compostela. Durante unha hora presentou os seus Gritos en Silencio, o seu novo traballo.

) Os sarrianos Licor Cafe Rock Band en Camarinas co Rebumbio da Costa

Tocoulle o turno aos Licor Café Rock Band. Chegados de Sarria levantaron bastante o ánimo e fixeron bailar a toda a sala. Chegou aí un dos mellores momentos da noite, cando o Leö atreveuse a improvisar cos sarrianos un par de temas que saíron espectaculares.

Pecharon a noite o grupo santiagués Tungsteno, cun rock potente e un sonido espectacular.

Tres bandas que tocaron de balde para botar unha man no arrinque desta proposta musiqueira sen ánimo de lucro, e dende a entidade así queren facelo público e agradecerllo.

Tungsteno en Camarinas co Rebumbio da Costa )

Vindeiros concertos

Quedan agora a segunda tanda de concertos desta posta en marcha. A cita será na Cola da Rá de Corcubión o vindeiro sábado 22 de marzo, con a “Patxaranga”, banda formada por varios grupos do coruñés rumbeiro Chotokoeu, acompañados dos “Duendes Escapaos” emais “The Fe Kaos”.

Actividades fixas

Ademais, achégase a data na que Rebumbio na Costa comezará cas suas actividades de forma periódica. O 1 de abril empezarán as clases de música para os socios.
Estamos pois en tempo de inscricións e tamén de se hai xente interesade de participar de forma activa, impartindo algun taller ou master class, poden contactar coa entidade. Podedes facelo por facebook, email ([email protected]) ou por telefono (658045162 ou 651501825).

Rebumbio!!!

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas festivaleiras

Fonte

Comentarios