martes. 12.11.2024
El tiempo

Rafael Lema espalla a Vía Pagana do Camiño por Italia

Rafael Lema espalla a Vía Pagana do Camiño por Italia
Rafael Lema levando a Italia o seu libro sobre a Via Pagana a Compostela Lema en Italia

Non para este escritor e divulgador camariñán de levar o Camiño costeiro polo Mundo. Desta volta, o escritor de Ponte do Porto, Rafael Lema, acaba de publicar en Italia "A vía pagana a Compostela", xunto á escritora e chamana italiana Devana. Esta obra en italiano da editorial Anguana Edizione de Vicenza foi presentada polos seus autores fai uns días nas cidades italianas de Milán e Gravellona Toce. A obra leva o subtítulo “Finisterre, un viaggio verso l´ascensione?”.

Lema acaba de chegar do país transalpino tras presentar a obra o día 30 de maio en en a biblioteca cívica F. Camona de Gravellona Toce, na provincia piamontesa de Verbana, nun acto organizado pola casa Evolvo Libro. O día 31 de maio a presentación foi na Cascina Sant Ambrogio, na cidade universitaria de Milán, dentro da programación cultural Cascina Aberta, coa participación da xornalista e videocreadora toscana Giovanna Lombardi, redactora da revista de divulgación científica Xtime. O autor participou en varios encontros de investigadores lombardos e na grabación dun programa de radio e un documental.

Lema indica que no norte de Italia hai un gran interese polo Camiño de Santiago, como se puxo de manifesto na publicación desta obra. Ademais, indica que a metade dos asistentes aos actos realizaran o camiño, alcanzado Fisterra e Muxía, polo que houbo fluídos coloquios. Ademais destaca que hai grupos que xa preparan próximas chegadas a Galicia seguindo a ruta proposta no libro, que ofrece así mesmo información de transportes e aloxamentos. O cartel dos actos presentaba unha fotografía da autora de Muxía Teresa Búa.

O libro recolle en 190 páxinas unha viaxe de Compostela a Muxía dos autores e a chamana madrileña Teresa Ramos en 2012, pero Rafael Lema aproveita para inserir na crónica do percorrido unha parte do seu estudo dos camiños precristianos que viñan do leste de Europa a Galicia, os antecedentes da vía jacobea, o que o chama "o milenario camiño a Finisterre". E así mesmo o escritor estuda como naceu o mito jacobeo, a inventio e a translatio, e as súas antecedentes.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios