Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Catálogo de Naufraxios de Rafael Lema será publicado pola Deputación

O Catálogo de Naufraxios de Rafael Lema será publicado pola Deputación
Rafael Lema vén de publicar o meirande Catálogo de Naufraxios de Galicia e da Costa da Morte

Boas novas recibía o escritor e investigador costeiro Rafael Lema estes días. I é que o presidente da Diputación Provincial da Coruña, Diego Calvo, confirmou ao seu autor que o organismo que el preside editará a obra de Rafael Lema "Catálogo de naufraxios. Costa da Morte-Galicia". O libro estará destinado a bibliotecas, asociacións e aos interesados na historia naval galega, e será repartido de forma gratuita este verán.
A previsión é que sexa presentado en agosto en Ponte do Porto.

O libro ten tres partes e 300 páxinas. A primeira leva por título "Crónicas do mar e os naufraxios" dando conta en 140 páxinas de crónicas sobre unha serie de soadas naufraxios sucedidos na Costa da Morte, aportando as últimas novidades e datos dos mesmos. Á súa vez esta parte divídese en varias seccións: "Os tempos da guerra submarina, Vellas crónicas do mar en Finisterre, Novas crónicas do mar en Finisterre", cun apéndice sobre "A Coruña e o comercio de escravos" e varios anexos documentales.

A segunda parte incorpora o máis extenso catalogo de naufraxios sucedidos nas costas galegas, con 1378 referencias, que converten a este tramo no maior do mundo en canto a datos concretos e verificados de sinistros marítimos. Este inventario xa está accesible en internet. A parte final leva un completo álbum de fotos. O autor, delegado da Real Liga Naval Española na Costa da Morte decidiu escribir esta obra como unha continuación da súa recientemente reeditado traballo "Costa da Morte, un pais de soños e naufraxios", editado polo Gac 3.

Novas relacionadas

Novas sobre naufraxios

Outras novas

Fonte

Comentarios