Venres. 26.04.2024
El tiempo

Ribeira toma nota dos naufraxios da Costa da Morte

Ribeira toma nota dos naufraxios da Costa da Morte
Jose Manuel Pato e Rafael Lema espallando os naufraxios da Costa da Morte por Ribeira

Este domingo estará no Cemiterio dos Ingleses contándolle a historia do Serpent aos trasnos. E onte estivo por Ribeira, espallando o mito real dos naufraxios da Costa da Morte. Rafael Lema e José Manuel Pato, como representante da Liga Naval Española, veñen de pechar o ciclo de conferencias sobre naufraxios no centro Lustres Rivas de Ribeira que levou a cabo este mes.

O escritor de Ponte do Porto encargouse de concluír o ciclo cunha conferencia sobre a súa obra “Costa da Morte, un país de soños e naufraxios”, editada polo Gac3 que recolle as crónicas de 454 naufraxios na comarca.

Por que os naufraxios

Rafael Lema baseou a súa intervención en dous puntos, o primeiro a cuestión de que “a costa galega é o tramo marítimo con máis naufraxios documentados do Atlántico e do mundo, 1.400. A segunda zona, ou cabo Hatteras de Norteamérica, aporta uns cincocentos casos”.
O segundo aspecto é que ”nin nas costas galegas nin na Costa da Morte existiu nunca unha trama organizada para o naufraxio e saqueo de barcos, lenda negra estendida e popular, difícil de erradicar”. En Ribeira, de feito, falou das verdadeiras causas dúas sinistros.

Vindeiras presentacións na Costa

Rafael Lema presentará a súa obra antes citada o próximo mes en Laxe. O 2 de xullo dará un relatorio na Universidade de Santiago de Compostela sobre “O fenómeno migratorio na literatura infantil e xuvenil”, sobre a base da súa novela Flores Negras, ambientada nunha ria da comarca.

Novas relacionadas

Novas sobre naufraxios

Outras novas

Fonte

Comentarios