Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Rafael Lema, galardoado co premio ás Boas Prácticas Cidadás

Rafael Lema no Faro Vilan copia
Rafael Lema no Faro Vilán
Rafael Lema, galardoado co premio ás Boas Prácticas Cidadás

O escritor, xornalista e activista da Ponte do Porto Rafael Lema é un dos cinco coruñeses galardonados na sexta do premio ás Boas Prácticas Cidadás da Asociación Proxecto Máscaras APM da capital herculina. 

A entidade premia cada ano a cinco persoas destacadas pola súa actividade social, que son os encargados de elexir aos nominados no próximo ano. Na edición anterior un dos cinco escollidos foi Xosé Manuel Barros da asociación Mar de Fábula que propuso para o 2022 a Rafael Lema Mouzo, delegado provincial da Real Liga Naval Española e presidente do colectivo ecoloxista PX.

Iago González, presidente da APM, no comunicado aos premiados destaca que “o obxectivo destes recoñecementos é contribuír á visibilidade da interactuación cidadá e as experiencias positivas que permiten identificar o voluntariado como un concepto máis amigable e próximo, tanto a nivel persoal como profesional e institucional”. 

O acto de entrega terá lugar o xoves 22 de setembro ás 18:00 h. no salón de actos da ONCE na Coruña.

 

Comentarios