Un novo premio para o alumnado do IES de Baio pola difusión do patrimonio natural galego
Acompados da Mellor Docente do estado, os alumn@s do "Grupo Ecoaventureiros" de 4º da ESO do IES Maximino Romero de Lema recolleron esta semana nunha gala celebrada no Concello de Miño (Ourense), un dos premios do segunda edición do concurso #ParqueVibras. Trátase dunha iniciativa da Xunta para concienciar ao alumnado sobre a protección dos parques naturais de Galicia.
O centro baiés recibiu o premio á mellor peza audiovisual co traballo “O monte Aloia”.
Desde a organización do concurso salientouse a importancia de que a mocidade se implique de xeito activo na divulgación da riqueza natural de Galicia, empregando ferramentas dixitais para facer chegar a mensaxe de conservación a un público máis amplo.
O ano pasado, para o CPI As Revoltas
O IES baiés colle o relevo do CPI As Revoltas que o ano pasado levou o premio ao vídeo máis creativo por esta alegría regueifeira sobre o Parque Natural das Dunas de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán.
Entre os finalistas tamén estiveron a rapazad do CPI Plurilingüe da Picota (Mazaricos) con "Somos Fervenza!", e do CColexio Manuela Rial cos "Cacahuetes".