Martes. 11.05.2021
El tiempo

Recuperan o antigo lavadoiro de Portocelo, no Camiño dos Faros,

Anuncian o remate dos traballos na rúa Insua da Ponte do Porto, e nos Mollados, en Xaviña
Lavadoiro de Portocelo en Camarinas
Así queda a zona do Lavadoiro de Portocelo
Recuperan o antigo lavadoiro de Portocelo, no Camiño dos Faros,

En pleno Camiño dos Faros, os [email protected] poderán facer unha nova parada para o desfrute do litoral no antigo lavadoiro de Portocelo, recuperado e convertido nunha ocio de lecer. Un pequeno estanque, unhas mesas e bancos a modo de merendeiro agroman agora onde antes só o facían as silveiras. e os toxos.

A actuación, financiada con fondos municipais, levouse a cabo na zona do río onde antigamente lavaban a roupa as mulleres da zona do Campo de Camariñas e que se atopaba totalmente cuberta por silvas e outro tipo de vexetación que impedía ter unha visión directa do río.

A idea é seguir recuperando “estes recunchos con encanto similares a este por todo o municipio”, sinala a alcaldesa Sandra Insua.

Traballos na Ponte

Rua Insua da Ponte do Porto

Ademais, o Concello anunciou o remate dos traballos de reurbanización da rúa Insua, na Ponte do Porto, e nos Mollados, en Xaviña. A actuación, valorada en 41.000 euros, serviu para pavimentar a zona, renovar e ampliar a rede de saneamento e instalar unha paralela de pluviais.
Para que a actuación se complete restan por executar os últimos detalles: adecuación de tapas, arquetas, etc.

Traballos nos Mollados

Pavimentacion de Os Mollados-Xavina-Camarinas

Anuncia tamén o consistorio o remate das obras de renovación do camiño nos Mollados, en Xaviña, que serviron tamén para dotar de saneamento e recollida de pluviais á zona. A actuación, valorada en 50.076,55 euros.

comentarios