Recuperando 5 puntos de Rede Natura


A Recuperación do Foxo dos Lobos en Camariñas; a limpeza dos camiños aos Predios de San Crimenzo, en Dumbría; a restauración dos camiños á praia do Rostro; a rehabilitación dos camiños Traba; e a restauración de camiños en Touriñán e Arnela.
Estes son os traballos de conservación e recuperación de espazos naturais situados en Rede Natura que os concelllos poderán levar a cabo coa achega da Xunta de Galicia, de 67.000€.
En Fisterra, Soneira e Bergantiños recibirán estas achegas seis concellos: A Laracha, Camariñas, Dumbría, Fisterra, Laxe e Muxía, que en total suman 4.443 hectáreas en Rede Natura. “Trátase de dar resposta á necesidade de contribuír á biodiversidade e á preservación dos ecosistemas de alto valor natural aumentando o papel dos concellos á hora de levar a cabo este tipo de accións, na súa calidade de entidades xestoras de terras”, manifestou Do Campo, quen indicou que o importe da subvención será do 100% do custe do proxecto, cun importe máximo de 20.000 euros por municipio.
No cadro seguinte detállanse as actuacións a desenvolver en cada un dos concellos:
Concello | Actuación |
A Laracha | Accesos en Caión para a mellora da paisaxe agraria e usos recreativos |
Camariñas | Recuperación do Foxo dos Lobos |
Dumbría | Limpeza e restauración dos camiños aos Predios de San Crimenzo |
Fisterra | Restauración, acondicionamento e limpez dos camiños de acceso á praia do Rostro |
Laxe | Rehabilitación e limpeza dos camiños municipais de Traba |
Muxía | Restauración de camiños en Touriñán e Arnela |
Novas relacionadas
- ADEGA denuncia buracos na Rede Natura para eólicos, piscifactorías e canteiras.
- Os camiñantes vertebraron a Costa dende Ponteceso a Camariñas pasando polo Monte Pindo.
Fonte
- Xunta.