Sábado. 02.11.2024
El tiempo

Rescatado un pescador que caía ao mar preto do Cabo Vilán

recate en cabo vilan_Foto-Eva Caldas
Imaxe do rescate-Foto-Eva Caldas
Rescatado un pescador que caía ao mar preto do Cabo Vilán

Saltaba a alerta no 112 ás 16:40 deste domingo 19 de marzo cando uns escaladores avisaban da caída dun pescador á auga mentres pescaba nas rochas do Cabo Vilán.

De inmediato o 112 mobilizaba a Salvamento Marítimo, Gardacostas así como Protección Civil. Foi o helicóptero de Salvamento Helimer o que rescatou ao pescador directamente da auga.

De inmediato era trasladado ao Aeroporto de Alvedro dende onde unha ambulancia o levaba ao CHUAC.

Comentarios