Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Rosa Mouzo: "As mulleres de Camariñas levamos o encaixe na pel"

Rosa Mouzo: "As mulleres de Camariñas levamos o encaixe na pel"
  cartel mostra encaixe camarinas 2016 Rosa Mouzo Pasantes naceu e vive en Camariñas e coñece de primeria man o encaixe e, por suposto, a mostra que se celebra todos os anos na vila. A pesar de ser técnica de Turismo ten unha gran paixón polo deseño gráfico que foi o que a levou a participar na II Edición do Concurso de Carteis da Mostra do Encaixe. Rosa resultou a gañadora despois de que o seu cartel fose o máis votado dos sete que se presentaron no concurso realizado a través das redes sociais.
  • QPC: ¿Que significa para ti ser a gañadora do concurso de carteis?
Alégrome moito por poder participar nun evento tan representativo da vila de Camariñas. Tanto eu como a modelo estamos moi contentas.
  • QPC: ¿Quen é a modelo?
A modelo é Mayte Castro, unha amiga que tamén é de Camariñas. Ela é unha modelo aficionada que participou xa en varios desfiles.
  • QPC: ¿Que te animou a participar no concurso?
A miña pandilla de amigos foi quen me animou a participar no concurso. Saben que me gusta o deseño e que fixen traballos colaborativos con outras asociacións. Así que foron eles quen me deron o empuxón para presentar o traballo.
  • QPC: ¿En que te inspiraches?
Tiñamos varias ideas en mente, pero un día Mayte - a modelo do cartel - e eu acompañamos a unha amiga a unha tenda de "percings". Alí vimos distintas imaxes de tatuaxes e foi onde asociamos os "tatoos" co encaixe. A partir desta idea fixemos as fotos.
  • QPC: ¿Que buscas transmitir con este cartel?
O que quero transmitir é que as mulleres de Camariñas levamos o encaixe na pel; que forma parte da nosa idiosincrasia.    Novas relacionadas Fonte

Comentarios