mércores. 04.12.2024
El tiempo

Stolt Sea Farm non falla a súa cita na Mostra do Encaixe

Stolt Sea Farm patrocina a Mostra do Encaixe de Camarinas
A concelleira da Mostra e e alcaldesa de Camariñas con representantes da empresa
Stolt Sea Farm non falla a súa cita na Mostra do Encaixe

Debullamos onte o completo programa da XXXII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruñ. Unha edición que volverá ter a empresa Stolt Sea Farm como un dos principais patrocinadores.

A alcaldesa, Sandra Insua, xunto coa concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, a directora da Mostra, Dolores Lema, e o director de Sustentabilidade de Stolt Sea Farm, Carlos Tavares, definiron as liñas do acordo de colaboración entre ambas entidades.

Deste xeito, a empresa contribuirá para a promoción do Encaixe de #Camariñas, co obxectivo de financiar as actividades que sexan necesarias para pór en valor á muller como elemento dinamizador do municipio a través do seu labor de palilleira.

Ademais, tamén organizará unha degustación de rodaballo no recinto da Mostra e serán os encargados de entregar o segundo premio no certame de Noveis Deseñadores.

Volve Franco Quintáns

Ademais, a mostra lóubase xa que deseñador galego Franco Quintáns retomará o seu idilio co encaixe camariñán. Aínda que o pasado ano participase como xurado do concurso de Noveis Deseñadores, facían máis de 5 que non presentaba unha colección na pasarela do pavillón Víctor Vigo.
Alí amosará catro conxuntos da súa colección ‘Motomami’, integrada por vestidos de festa nos que aplica encaixe de Camariñas e, segundo indica el mesmo, o seu concurso será “un renacemento, volver ás miñas orixes e onde todo comezou, xa que o meu primeiro desfile foi en Camariñas”.
”O Encaixe de Camariñas apórtalle riqueza, destaca a prenda na que se aplica e outórgalle autenticidade, tradición e artesanía. Temos que potenciar a artesanía, que ten moito que dicir de Galicia e do pobo galego”, enfatizando en que “non podemos perder nunca a nosa tradición”.

Máis novas do Encaixe

Comentarios