Técnicos e alcaldes xa teñen data para a Gala do Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte
Moi positiva foi a valoración que os técnicos e alcaldes da comarca fixeron da V edición do Circuíto de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte. Moi positiva é xa en si a unión dos concellos, a través dos seus comprometidos técnicos, para crear este circuito comarcal.
Nunha reunión celebrada hoxe en Vimianzo, representantes políticos e técnicos deportivos dos concellos de Camariñas, Vimianzo, Mazaricos, Dumbría, Zas, Cee, Muxía, Carnota, Corcubión e Fisterra, destacaron os datos de inscrición e participación, xa que ámbolos dous aumentaron con respecto a pasadas edicións.
Ademais, valoraron moi positivamente implantación da páxina web www.correndopolacostadamorte.com e da app, que permite aos atletas inscribirse e ver os seu resultados con maior facilidade.
De cara o ano que vén, acordaron que Circuíto 3K seguirá vinculado á AECC para a vindeira edición 2019, e decidiuse como data para a celebración da Gala o 14 de decembro no concello de Vimianzo.
Técnicos e Alcaldes do circuito Correndo pola Costa da Morte