Un novo parque empresarial aprobado na Ponte do Porto
Mentres as vacas son as únicas que sacan proveito dos parques industriais da zona, un novo proxecto xa está aprobado definitivamente. En 4 anos o Parque Empresarial da Ponte do Porto será unha realidade trala aprobación no DOG do proxecto sectorial.
Trátase dunha actuación privada emprendido pola "asociación de empresarios Área Industrial de Ponte do Porto", e o proxecto sectorial foi tramitado polo IGVS en cumprimento da normativa vixente.
Parque empresarial Vimianzo-Ponte do Porto
Sorprende aínda máis que este parque se concibe como "como una actuación de carácter privado, vinculada ao parque empresarial de Vimianzo, concibíndose ambos como un parque empresarial discontinuo pero único, cuxa implantación territorial está vinculada a dous dos principais centros poblacionais que articulan as relación económicas da comarca (Vimianzo e Ponte do Porto)".
Así, mentres en Vimianzo só hai un proxecto empresarial en marcha en apenas 4 anos.
Un proxecto dende a Costa
A asociación de empresarios “Área Industrial de Ponte do Porto” foi constituída co obxecto de promover un parque empresarial na localidade de Ponte do Porto. A estes efectos, configúrase como promotora do proxecto sectorial para a implantación da actuación, sendo propietaria de aproximadamente 128.643 metros cadrados no ámbito.
As principais características da actuación, segundo o proxecto sectorial:
- Superficie total do ámbito da actuación: 179.901,54 m2.
- Superficie lucrativa industrial: 76.997,55 m2.
- Superficie uso terciario: 16.290,82 m2.
- Superficie equipamentos: 6.548,59 m2.
- Superficie zona verde: 48.614,40 m2.
- Superficie infraestruturas: 168,43 m2.
- Superficie rede viaria: 31.281,75 m2.
- Orzamento total previsto para obras de urbanización (ive incluído): 8.208.271,54 euros..
Novas relacionadas
- 07-10-11: Dous novos pasos para o polígono da Ponte do Porto ante a ironía do PP.
- 03-10-11: “Informe favorable” para o Polígono Empresarial da Ponte do Porto.
Máis novas
- 15 empresarios aprenderon a sumerxirse na rede con Empresas da Costa.
- O Polígono de Vimianzo existe.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Xunta.