Venres. 29.03.2024
El tiempo

Dous novos pasos para o polígono da Ponte do Porto ante a ironía do PP

Dous novos pasos para o polígono da Ponte do Porto ante a ironía do PP

A pasada semana o Consello da Xunta enviaba un “Informe favorable” para o Polígono Empresarial da Ponte do Porto. E esta semana as administracións deron dous novos para a construción deste novo parque, que quedará a escasos quilómetros do poligono vimiancés, sen empresas dende a súa construción.

O caso é que por unha banda a Xunta declarou de "incidencia supramunicipal" o polígono, e ademais, a empresa semipública Suelo Empresaria del Atlántico xa cedeu formalmente 28.000 m2 ao Concello de Camariñas para o polígono.

Destaca a Xunta que o parque suporá un investimento de 30 millóns de euros e valoran, de novo por riba das espectactivas reais, a creación de case 400 postos de traballo.

A actuación está recollida no Plan Sectorial de Solo Empresarial de Galicia, que se atopa actualmente en tramitación. Trátase dunha área empresarial sobre a que se definirán entre 60 e 70 parcelas, con superficies entre 500e 2.000 m2/parcela. A edificabilidade total lucrativa será aproximadamente de 65.000 m2.

  • O parque empresarial será promovido pola asociación de empresarios “Área Industrial de Ponte do Porto”, formada por un total de 34 empresarios da comarca, fundamentalmente dos municipios de Camariñas e Vimianzo.
  • O Instituto Galego da Vivenda e Solo será o encargado de tramitar o proxecto sectorial.
  • O proxecto sectorial do parque empresarial de Ponte do Porto pretende dar cobertura ao diseminado de industrias existentes na comarca.

Críticas dende o PP

Comeza o comunicado o PP cun claro "estamos cansos de 'charlatáns de feira'", e piden seriedade ao alcalde neste asunto do polígono das Carballas. Así, dende o PP danlle a volta á visión do PSOE e aseguran que "SEA sacouse de riba ‘’un morto’’ en forma de inversións, e que agora será o Concello de Camariñas como promotor do Polígono quen terá que sacar adiante o Polígono nas Carballas, e coa situación de bancarrota na que sumio ao Concello cos seus créditos bancarios e o despilfarro máis absoluto, xunto cos 4 soldos exclusivos que mantén de forma vergonzante o equipo de goberno", apunta Daniel Rego, voceiro do PP local.

Pon de manifesto que xa foron 3 as ocasións nas que as palas comezaron as obras sen resultados, e que aínda quedan outros 30.000m2 por adquirir. Ata bromea Rego sobre o "dato culminante" que aportou o alcalde, ese 'hai algún empresario intersado'". E remata descalificando ao alcalde camariñán asegurando que "se está a convertir na Belén Esteban dos alcaldes socialistas da Costa da Morte".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Xunta de Galicia.

Comentarios