Venres. 29.03.2024
El tiempo

"Informe favorable" para o Polígono Empresarial da Ponte do Porto

"Informe favorable" para o Polígono Empresarial da Ponte do Porto

Parece que o Polígono Empresarial da Ponte do Porto vai por bo camiño. Así o reflicten dende a Asociación de Empresarios Polígono Empresarial da Ponte do Porto. Aseguran que o proceso de redacción do Plan Sectorial pechouse coa aprobación dun "informe favorable" e agora só queda o trámite de ser aprobado no Consello da Xunta.

O informe foi resolto na última reunión mantida co Director Xeral de Sostibilidade e Paisaxe da Consellería de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio, Manuel Borobio Sanchís, á que tamén asistiu o Portavoz do PP no Concello de Camariñas, Daniel Rego.
Na devandita reunió, celebrada o pasado 21 de setembro, tamén participaron os técnicos da empresa contratada pola Asociación para levar a cabo o proxecto.

Os empresarios queren manifestar o seu agradecemento a Borobio pola "gran colaboración prestada o longo do proceso". Así mesmo queren amosar o seu agradecemento ao Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio, Agustín Hernández, "que estivo pendente en todo momento da situación do proxecto". Igualmente agradecen a " colaboración e apoio de Daniel Rego, que asistio a múltiples reunións relacionadas co Plan Sectorial do Polígono".

Por riba do río

O informe de Medio Ambiente chega tras coñecerse que os planos do parque pasarán por riba dun río e atravesan un corridor ecolóxico. As 18 hectáreas están terreo que hoxe é catalogado como terreo rústico de protección forestal.

Ademais, o parque, que cercará o IES Pedra da Aguia, está a poucos quilómetros do parque vimiancés que segue sen uso varios anos despois da súa finalizacións.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación de Empresarios Polígono Empresarial da Ponte do Porto.
  • La Opinión.

Comentarios