Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Unha campaña para gozar, e coidar, a Costa da Morte

Unha campaña para gozar, e coidar, a Costa da Morte
Cascada do Ezaro - GDR

“Cando viaxo, Quero sentir a liberdade do vento”.

“Gozando COSTA DA MORTE" é o primeiro spot da campaña da Asociación Costa da Morte - GDR. Unha campaña que, como apuntabamos a semana pasada, enfocada a varios públicos: aos propios veciños, e tamén aos visitantes.

Precisamente hoxe falamos do potencial turístico da Costa da Morte, un dos motores que esta campaña quere promociona. Pero non só pensando nos turistas, senón en nós mesmos, en como temos que decatarnos da importancia de coidar o noso patrimonio natural, o noso meirande baluarte turístico, e de coidar ao visitante.

Unha campaña de concienciación sobre como manter a nosa bisbarra perfectamente preparada para recibir visitas. Que o resto xa está feito:
I é que xa o di o anuncio: “Quero ver unha gran fervenza abrazándose ao mar, quero mergullarme en cen praias, "as mais fermosas do mundo”

GDR

O GDR abrangue unha ampla zona costeira, incluíndo Camariñas, Carnota, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas. Pretende afianzarse como núcleo de integración e representación dos diferentes axentes territoriais, institucionais, sociais e económicos, tanto públicos como privados, interesados en promover o desenvolvemento do seu territorio de actuación.

Así que se tes un proxecto empresarial, e necesitas axudas, non dubides en poñerte en contacto con eles.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios