Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha homenaxe ao Serpent desafiando o temporal

Unha homenaxe ao Serpent desafiando o temporal

Un día despois do aniversario do naufraxio do Prestige, lembramos aquí outro dos naufraxios máis significativos da historia da Costa da Morte. I é que se o 13 de novembro de 2001 afundíase o petroleiro en fronte das nosas costas, uns cantos anos antes, aló polo 1890, un 10 de novembro ocorría algo semellante barco inglés. O Serpent estampábase na Punta do Boi.

Hai tan só 4 anos que un grupo de románticos se esforza por recuperar o simbolismo deste naufraxio, no que morrían 173 vítimas (con só 3 supervivintes). Este pasado venres, arredor das 22:30h, unha expedición da Costa da Morte achegábase ao mesmo Cemiterio dos Ingleses. Con valentía, desafiando o temporal como facía aquel barco dous séculos atrás, a Costa lembrou a súa historia así como a historia de todos os náufragos de Galicia.

Un dos valedores desta emotiva homenaxe é o escritor Juan Campos. E precisamente vos deixamos cun relato do mesmo Campos sobre a homenaxe do pasado xoves 10 de novembro de 2011.

A homenaxe segundo Juan Campos

Saín de Santiago con tempo seco e sen paraugas porque o día antes na información do tempo pareceume ver só orballo en Camariñas. Un optimista incurable. Pouco logo de Negreira o temporal de vento e auga case me obrigou a lanzar áncoras e empezar a encomendarme á Virxe do Carmen. Pero seguín navegando máis que conducindo e cheguei a ese lugar marabilloso á vez que tráxico chamado Cemiterio dos Ingleses.

José Manuel Pato da Liga Naval Española moveuse e logrou que viñese o alcalde de Camariñas e mais unha concelleira de Camariñas que tiñan despregado un equipo de luz que iluminaba o lugar. Ata un membro da Garda Civil ofreceuse a facer horas extras para estar presente. Se ata a Garda Civil contaxiouse do romanticismo deste acto creo que podemos felicitarnos. Como non se presentaron piratas nin bucaneros a súa protección foi só simbólica. Baixo a choiva e entre a escuridade, co bramido da mar ao fondo, o granito iluminado do cemiterio coa súa cruz semellaban unha aparición, unha illa de pedra flotante aureolada de misterio.

Era unha noite moi similar a aquela na que naufragou o Serpent cos seus 173 vítimas e só tres sobreviventes. Coma se este ano a Natureza quixese mostrarnos o sabor auténtico do que viviron aqueles homes. !Que pouco podían imaxinar Burton, Luxon e Gould que 121 anos despois unha ducia de persoas íanse a achegar en pleno temporal a recordarlles!

A recordarlles a eles e a todos os demais náufragos desta costa ao longo dos séculos.

Como había dúas casas alagadas en Camariñas e a noite era desapracible, non houbo música nin cancións nin apenas discursos. Había présa por volver ao pobo.
Unhas palabras de José Manuel Pato, outras do alcalde e un brevísimo texto que apenas puiden ler, porque a auga desfacíame o papel por momentos. Nelas citei dous fragmentos dos dous únicos poemas que coñezo dedicados ao Serpent. O do clérigo inglés Rawlings, escrito pouco logo da traxedia, e o do poeta de Laxe Antón Zapata, publicado en 1935.

E así, outro ano máis, escoitamos a misteriosa canción da mar e o vento en homenaxe aos náufragos.

  • Juan Campos, Santiago, once do once do once.

Novas relacionadas

A Cara máis íntima do naufraxio

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios