Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Unha Semana de Conversas Atlánticas en Camelle

Unha Semana de Conversas Atlánticas en Camelle
Conversas Atlanticas Camelle 2016

Fermosa a semana que ten prepara a A.C. Naufraxios Galegos en Camelle, para o vindeiro mes de outubro. Do martes 11 de outubro ata o sábado 15, haberá 5 sesións completas de conversas salgadas e saídas guiadas, recuperando a cruel historia dos nosos cantís e servido de homenaxe a José Baña Heim.

Nos relatorios Falarán persoeiros tan significativos como Esteban Petrallo, David Fernández Abella, Álvaro Barros ou Fernando Patricio Cortizo. Pero as grandes protagonistas serán as saídas guiadas.

A Semana Cultural arrinca o martes, cunha ofrenda no paseo marítimo aos náufragos, e coa presentación da edición en papel da guía “Roteiro marítivo-histórico por Camelle, homenaxe a José Baña”, unha publicación necesaria, seguindo coa necesaria homenaxe que Camariñas ten que render a tal persoeiro. De feito, xa teñen solicitado ata unha rúa na súa vila natal, Camelle.
O propio martes rematará cunha ruta polos bares da vila vendo fotos e obxectos de Man.

O mércores 12 de outubro, toca roteiro matutino por Camelle en homenaxe precisamente ao escritor.

O venres 14 de outubro, o Museo de Man acollerá varias charlas. E o sábado haberá cita para os m,ais pequenos, unha charlña medioambiental, a presentación do último libro de Fernando Patricio Cortizo e un concerto de óscar Fojo.

Conversas Atlanticas Camelle 2016-Programa

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios