Viaxando por Camariñas a golpe de Instagram


Que o Instagram está de moda xa o podemos asegurar dende o Facebook de QPC, onde os nosos fotógrafos matutinos de referencia nos traen cada día unha fermosa imaxe a modo de parte metereolóxico.
Outros que veñen de artellar unha fermosa iniciativa a través desta rede social fotográfica e fotoxénica son as Área de Turismo do concello e a Asociación de Empresarios e Promoción Turística, co
concurso fotográfico “Camariñas, o mar todo”.
Xa disfrutamos cas imaxes da primeira parte deste concurso, coordinado pola Axencia de Desenvolvemento Local de Camariñas, e agora imos coa segunda tanda de premiados.
Primeiros premios

- Facebook: Jose Matteos, de Coirós.
- Instagram: Paula Marzóa Vidales, de Vigo.
Como premio terán dúas noites de aloxamento e unha comida ou cea, unha visita guiada, unha visita ao Museo do Encaixe e a Mostra do Encaixe de 2013, un lote de Conservas Boya, un diploma e unha camiseta promocional de Camariñas.
Segundos premios

- Facebook: Xurxo Rodriguez Baña de Oleiros.
- Instagram: Sandra Mira Pérez de A Coruña.

Como premio levan unha Comida ou cea e do resto dos premios mencionados.
Máis información
Novas relacionadas
- Coñecendo Camariñas a través do Instagram.
- Muxía abre o prazo para buscar ao sucesor de Ramón Caamaño.
- Costa da Morte, marco perfecto para o Necroturismo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).