Mércores. 21.10.2020
El tiempo

Muxía abre o prazo para buscar ao sucesor de Ramón Caamaño

Muxía abre o prazo para buscar ao sucesor de Ramón Caamaño
III Maraton Fotográfico Ramón Caamaño

Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no III Maratón Fotográfico Ramón Caamaño 2012 que convocan o Concello de Muxía e a Asociación de Turismo Rural “Muxía Natural”. Así, voltaremos atopar auténticos herdeiros do gran fotógrafo muxián, como xa son os Marcos Rodríguez, gañador da 1ª edición, ou os gañadores da edición do ano pasado.

Haberá dous temas para escoller, un tema libre e outro terá que ser sobre as casas de turismo rural asociadas (cun máximo de 5 fotos por tema).

O prazo de inscrición irá dende onte, 29 de outubro ata o 6 de novembro.
A partir do 7 de novembro e ata o día 30 do mesmo mes poderán facerse as fotografías e envialas ou entregalas no Concello de Muxía para a súa participación no concurso.
A taxa de participación é de 10 € e haberá dous premios de 800 € (un primeiro por cada tema), un segundo premio de 400€ e varias estancias nas casas rurais da Asociación Muxía Natural.

Máis información

Para maior información pódese contactar co Departamento de Cultura municipal ( 981 74 20 01) ou visitar a web do Concello ou das casas rurais.

Novas relacionadas

Fonte

comentarios