Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Vimianzo engrandece o sendeirismo e Camariñas e Corcubión collen o relevo

Vimianzo engrandece o sendeirismo e Camariñas e Corcubión collen o relevo

Tremenda a ruta de sendeirismo da que disfrutaron medio centenar de persoas pola ribeira do río Grande. Era a primeira das 4 rutas artelladas polo Concello de Vimianzo en colaboración cos de Camariñas e Ponteceso e que tivo que se posposta do pasado día 6 por mor do mal tempo.

Pero mereceu a pena. A xente quedou encantada coa camiñada, que partíu de Cereixo, seguindo a senda do río, gozando e coñecendo un pouco máis o entorno vimiancés.
Durante o seu transcurso puideron disfrutar de moita natureza, pero tamén do máis agochado patrimonio etongráfico.

Foron protagonistas pois os numerosos muíños de auga, presas como a da Furaqueira – Calo, pontes romanas, escudos e pazos antigos, pois unha das visitas máis agardadas foi a das Torres de Cereixo, un Ben de Interese Cultural que permanece eternamente pechado contradicindo a lei, agás para esta clase de visitas institucionais. Foi Pablo Sanmartín quen comentou para os participantes que así puideron desentrañar unha parte da cultura deste concello.

Sanmartín, que revelou moitas outras anécdotas, descubiu que a parroquia de Carantoña é unhas das máis ricas en canto a xacementos megalíticos pois conta con numerosas pedras mámoas e dolmes. Nesta parroquia tamén se atopou unha cista, unha especie de caixa de pedra na que se atoparon as ferramentas dun escultor prehistórico, concretamente da época dos petróglifos. Este é un descubrimento único en Europa.
Tamén foi moi interesante o comentario sobre a figura dun veciño de Carantoña, José Méndez Lema, cabo de artilleiro na División Azul, heroe da batalla de Krasny Bor.

Seguinte ruta vimiancesa-camariñá

A fermosa ruta organizada polo departamento de deportes encandilou a todos os participantes que aseguraban repetir experiencia por eles mesmos, aínda que desde o concello organízanse máis rutas, a próxima será o 26 de maio e discorrerá polo concello de Camariñas.

Ruta dende Cee a Carnota

Outro Concello que artellaba unha saída esta fin de semana foi o de Cee, que marchou de sendeirismo por Carnota o pasado día 12 maio. O participantes visitarón a Aldea de San Cibrán e subiron o roteiro panorámico onde divisaron Carnota, Corcubión, Cee, Illas Lobeiras.... Despois de xantar en Boca de Río desprazáronse Muros onde pasaron a tarde.

Sendeirismo tamén de Corcubión a Muxía

Outro que se anima ás rutas é o Concello de Corcubión, que organiza unha nova Xornada de Sendeirismo e Convivencia. A cita será o domingo 20 de maio con saída as 09:00 da praza de Castelao con destino Muxía, cun percorrido de 12 Km.

A primeira parte do percorrido é executado ao longo da costa, seguindo a estrada para Touriñán. Pasando o espazo natural de dunas e a praia de Lourido ata a aldea co mesmo nome. de aí subindo ao alto do monte Facho, pra disfrutar das vistas da ría de Camariñas y do Cabo Touriñán logo descenderase ata Moraime para visitar ó lugar de maior interese histórico da ruta para volver a Muxía.

As preinscripcións poderán facerse nas oficinas do Concello ou no Pabillón Polideportivo e tamén chamando ó 981 745400/981746753.
Para máis información diríxanse as oficinas municipais ou a Concellería de Deportes.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios