Venres. 29.05.2020
El tiempo

Voluntarios de Correos colaboran repartindo as mascarillas por Camariñas

Voluntarios de Correos repartindo mascarillas por Camariñas
Voluntarios de Correos repartindo mascarillas por Camariñas
Voluntarios de Correos colaboran repartindo as mascarillas por Camariñas

As mascarillas feitas polo departamento do Encaixe xa están chegando ás casas. E fanno gracias ao persoal voluntario de Correos, que as están distribuíndo polas máis de 3.000 vivendas da localidade, permitindo non ter que desprazarse. Xa distribuiron 6.000 das 15.000 que teceron ducias de [email protected]

Antes, o Concello xa entregara mascarillas entre os colectivos máis vulnerables e entre establecementos do municipio que continuan coa súa actividade, como farmacias e supermercados.

Dende Correos queren “agradecer publicamente a solidariedade dos seus voluntarios e séntese orgullosa do compromiso e vocación de servizo público que están demostrando cada día as súas traballadoras e traballadores cando a sociedade española máis os necesita”.

Correos en Camarinas

Anulada a FEUNACAM

Asú mesmo o Club Náutico de Camariñas informa da súa decisión aprazar a celebración da IV Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2020) e que tiña previsto levarse a cabo os días 12, 13 e 14 de xuño.

 

Novas relacionadas

comentarios