Xoves. 28.03.2024
El tiempo

“Mascarillas” caseiras de uso non sanitario para vencer o coronavirus

Mascarillas cubrebocas reutilizables de tela para uso non sanitario
Mascarillas reutilizables de tela creadas altruistamente pola veciñanza para uso non sanitario
“Mascarillas” caseiras de uso non sanitario para vencer o coronavirus

Unha repartidora de pan percorrendo Fisterra cunha mascarilla feita por unha veciña do mundo do textil. Outra muller de Vimianzo facendo mascarillas de balde para quen queira. Outra muller de Cee enviou 200 máscaras tecidas manualmente para quen poidan servir. As costureiras de Santa Comba poñendo as Singer a toda máquina para abastecer á poboación.

Estas “mascarillas”, aínda que non valgan para uso sanitario, si que poden ser bos para saírmos facer a compra e evitar salpicar coa nosa saliva aos demais.

Son mostras de solidariedade amosadas por unha comarca absolutamente volcada con esta crise sanitaria, como demostraron veciñanza e Concellos á chamada do Hospital de Cee (e como agradeceron os seus profesionais).

Unha situación que ten tamén o seu reverso, e que demostra que os Concellos, as entidades que están máis preto da cidadanía, están semiabandonados, con moi poucos medios e recursos. Varias fontes municipais aseguran que o material que aínda onte entregou a Xunta aos concellos é moi precaria.

Mascarillas de tela que hai en Vimianzo e Santa Comba

Mascarillas de encaixe

mascarillas de tela dende Camarinas

Mención especial merece as 15.000 máscaras de seguridade que vai facer o departamento da Mostra do Encaixe, através dunha serie de voluntarias que traballan dende casa. 14.000 serán feitas con ‘tejido no tejido’ (TNT) que adquiriu o Concello, e outras 1.000 serán fabricadas con algodón 100%, doado pola empresa Yutes (Barcelona).
Repartiranse entre as persoas máis vulnerables, traballadores, e tamén ao conxunto da poboación. Igualmente, non son homologadas, polo que non poden ser empregadas no ámbito sanitario.

O material está sendo distribuído polos axentes da Policía Local e Protección Civil nas casas dos voluntarios. Estes operarios serán tamén os encargados de recoller todas as mascarillas cando estean listas e tamén se encargarán do reparto. Este material estará dirixido ao conxunto da poboación, en especial aos colectivos máis vulnerables e aos traballadores. O reparto farase a través das empresas que teñen que estar abertas ao público: supermercados, farmacias, panadarías, tendas de alimentación, agro... Ademais de facilitarlles mascarillas para os seus traballadores deixaráselles un stock para que as persoas que vaian mercar as poidan coller.

Santa Comba, tamén

Un grupo de costureiras xalleiras ofrecen a creación de "cubrebocas" de tela reutilizables para maiores, para visitas indispensables...

cubrebocas santa comba

Novas relacionadas

Comentarios