Domingo. 07.06.2020
El tiempo

As “mascarillas” do Encaixe xa chegan ás familias

As “mascarillas” do Encaixe xa chegan ás familias

Despois do espectacular traballo de 50 voluntarias coordinadas desde a semana pasada polo departamento da Mostra do Encaixe, xa están as 15.000 máscaras feitas en Camariñas preparadas para ser distribuídas entre a poboación. De feito, dende o Concello, a través de Correos, xa se comezou a entregar polas persoas en situación de vulnerabilidade, supermercados, empresas, fábricas, estancos, confrarías e quioscos.

Se ben non son “mascarillas” homologadas e polo tanto non valen para uso sanitario, foron fabricadas todas con tela dobre para maior protección. Foron 14.000 con material ‘tejido no tejido’ (TNT) que adquiriu o Concello e outras 1.000 con algodón 100% doado pola empresa Yutes, de Barcelona.

O goberno local puxo á disposición da veciñanza o teléfono da concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro, para xestionar calquera tipo de dúbida ou información sobre o reparto. O teléfono é o 667 03 43 05 e tamén pode empregarse para comunicar calquera tipo de urxencia na entrega das máscaras da que o Concello non sexa consciente actualmente.

Deporte en casa

Así mesmo, Camariñas aposta por manter a forma nos fogares e continúa as actividades deportivas de xeito telemático. Diariamente, súbense as redes sociais do Concello os vídeos ou os pdf que prepararon os monitores.

Ademais, un dos monitores das actividades deportivas municipais, Alberto Baña, está a ofrecer todos os días ás 18 horas desde o seu Instagram @albertobanatajes clases de ximnasia, core, baile, e outro tipo de circuítos. 

Novas relacionadas

comentarios