Volven ás Noites de Naufraxios ao Cemiterio dos Ingleses
11:48 13/08/21
Este sábado 14 comeza a serie de representacións teatrais sobre os naufraxios no Cemiterio dos Ingleses. A compañía costeira AAntena protagonizará 3 Noites dos Naufraxios no mítico espazo camariñán, que arrincarán ás 23:00h deste sábado 14, e dos vindeiros 21 e 27 de agosto.
Unhas representacións teatrais singulares, en plena natureza salvaxe, que nos traslada aos tempos dos accidentes no noso mar e rescata vellas historias mariñeiras.
NOVAS RELACIONADAS
- Novembro 2020: Aantena conseguiu levar o noso patrimonio invisible a Fisterra.
- Agosto 2020: As historias dos naufraxios de Aantena chegan ata Bergantiños.