Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Aantena conseguiu levar o noso patrimonio invisible a Fisterra

Aantena representou a Noite dos Ritos en Fisterra
Aantena representou a Noite dos Ritos en Fisterra
Aantena conseguiu levar o noso patrimonio invisible a Fisterra

A compañía Aantena conseguía representar este pasado sábado a “Noite dos Ritos” en Fisterra, patrocinada por Xacobe2021. Xa viña de ser retrasada o 21 de setembro polo primeiro temporal do curso, e desta volta tampouco puido ser na Ermida de San Guillerme, porque as condicións climatolóxicas obrigou a trasladar a obra ao pavillón. Unha pequena “traizón á maxia” das habituais representacións desta compañía, nas que o escenario natural se convirte nun protagonista máis da trama, pero que conseguiu cumplir con boa nota gracias á readaptación da dramaturxia e de varias escenas para poder facela en interior.

En calquera caso, o Samaín era bo momento para traer esta representación de ritos e de lendas da zona para seguir poñendo en valor o noso patrimonio invisible.

Aí estiveron en escena os promotores Xosé Leis e Berni Martínez, cun elenco composto por Alicia Baña, Tamara Mouzo, Andrea Rodríguez, Brais Martinez e Jose Losada.

Aantena representou a Noite dos Ritos en Fisterra 2

Novas relacionadas

Comentarios