sábado. 14.12.2024
El tiempo

A Mostra do Encaixe máis camariñá

Mostra Encaixe 2024-Asistencia
A Mostra do Encaixe máis camariñá

Un total de 16.689 persoas deixáronse sorprender na XXXIII Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña, demostrando que nin o mal tempo é capaz de rebaixar o poder de atracción que ten o principal evento de moda en España en Semana Santa.

Destaca sobre todos os días a xornada do venres, onde 6.318 persoas entraron ao recinto, sendo este o mellor dato dun venres desde o ano 2015. O segundo mellor día foi o sábado, con 3.757 asistentes.

En total, foron 16.689 persoas as que cruzaron a entrada da Mostra do Encaixe nestes 5 días.

Outro dos datos a destacar desta trixésimo primeira edición foi o espectacular número de veciñas e veciños do municipio que acudiron, coa invitación do Concello, ao evento. En total foron 8.544 os camariñáns (moitos repetiron, por suposto) que visitaron a Mostra, superando amplamente aos datos de calquera das anteriores edicións. O ano pasado, foron 1.302 veciños e veciñas.

XXX concurso de Noveis Deseñadores

Mostra Encaixe 2024-Cristina Gamallo Noveis Desenadores
Cristina Gamallo foi a gañadora do certame de Noveis Deseñadores

Unha das citas importantes é o do XXX concurso de Noveis Deseñadores. O primeiro premio recaeu nas mans de Cristina Gamallo, que conquistou ao xurado profesional coa súa colección Camino.
O responsable da planta de Vilán de Stolt Sea Farm, José Figueroa, entregoullle o premio a Driade, de Laura Araujo, que quedou en segundo lugar; mentres que a colección Farrapos de Uxía Loureiro, que recibiu o premio da responsable de relacións institucionais de Frigoríficos de Camariñas, Verónica Canosa; acadou o terceiro posto.

O premio á “Colección máis comercial”, entregado pola presidenta da Asociación de Empresarios e Promoción Turística de Camariñas, Olga Campos, foi para Miriam de Rio, con Elas.

Comentarios