107 familias carballesas recibirán axudas para pagar a electricidade
10:31 19/12/23
O Concello de Carballo aprobou este ano a concesión de axudas a 107 familias para o pagamento do subministro enerxético.
Familias empadroadas durante máis de 6 meses, que poden ser beneficiarias do bono social, que reciban osixenoterapia domiciliaria ou tratamento de diálise peritoneal domiciliaria, poden acceder a estas axudas.
Cada unha das 107 familias beneficiarias recibirá nas vindeiras semanas unha axuda de 200 euros nun pago único, correspondente á anualidade 2023. Entre as tres convocatorias realizadas ata agora foron aprobadas 318 solicitudes, que supoñen 21.611 euros.