Trasladado un mozo en helicóptero tras quedar atrapado debaixo do seu tractor
08:24 29/06/26
A fin de semana deixou un novo accidente de tractor. Foi o sábado pola mañá, a piques de chegar ás 12:00h, cando un mozo quedaba atrapado debaixo do vehículo agrícola despois de que este se desprazase accidentalmente nunha leira privada situada en Liñeiro, Cances, Carballo.
O 112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que decidiu mobilizar o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela. Así mesmo, informouse aos Bombeiros de Carballo, á Policía Local, á Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil.
Á chegada dos Bombeiros de Carballo, o rapaz xa fora liberado, empregando outro tractor que estaba traballando no mesmo lugar. Posteriormente, foi atendido polo persoal sanitario e evacuado no helicóptero medicalizado ao centro hospitalario de referencia.