Martes. 08.10.2024
El tiempo

300 persoas xa forman parte dos Consellos Parroquais de Carballo

300 persoas xa forman parte dos Consellos Parroquais de Carballo
consello-parroquial-razo-carballo Constitución do Consello Parroquial de Razo

Xa son 15 os Consellos Parroquiais que permitirán unha conexión directa entre a veciñanza e o Concello de Carballo. Os de Rebordelos, Aldemunde e Razo foron os últimos constituídos esta pasada semana, sendi xa arredor de trescentas as persoas que están a empezar a traballar con esta nova ferramenta de participación veciñal.

Así, o proceso de constitución dos Consellos Parroquiais entra na súa recta final. Para a vindeira semana hai dúas reunións veciñais convocadas en Bértoa (martes 29, na escola de Mirón) e Vilela (venres 2 de decembro, na escola), e o Concello de Carballo agarda facer pleno cun total de 17 consellos para outras tantas parroquias. A de Carballo é a única excluída, xa que, segundo o Regulamento Municipal de Participación Veciñal, neste caso a intervención social na xestión municipal tería que articularse a través dos consellos de barrio, cuxa creación abordarase nun proceso posterior.

consello-parroquial-de-rebordelos-carballo Rebordelos consello-parroquial-aldemunde-carballo Aldemundo

Máis información

As convocatorias para as xuntanzas de Bértoa e Vilela realizaranse mediante o reparto de cartas en cada domicilio. De todos os xeitos, se algunha persoa non a recibe poderá asistir igualmente informándose en www.carballo.org/participacionvecinal/portada/, en [email protected] ou no no 608 201 251.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios