31 bares participan na nova Ruta do Vermú de Inverno de Carballo
Boa aposta pola hostalería do Concello de Carballo coa creación da ruta Vermú de Inverno. Do 4 de novembro ao 10 de decembro, todos os sábados e domingos, de 12.00 a 14.00 horas, 31 establecimentos carballeses das 7 parroquias ofrecen unha ruta oara probar diferentes vermús galegos acompañados dunha tapa de culler.
Unha iniciativa que trata de "dinamizar a hostalaría nunha época de baixón da actividade despois do verán e antes do Nadal, poñendo en valor ao mesmo tempo a cantidade, variedade e calidade do vermú galego e fomentando a cociña tradicional a través das tapas de culler, con pratos tradicionalmente vinculados ao inverno", explicou o Concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira.
A ruta conta ademais cun sorteo, que terá como premio unha viaxe para dúas persoas a Tarragona, onde, á parte de gozar dunha estancia dunha fin de semana en réxime de media pensión, visitarán o Museo do Vermut de Reus.
Para participar, podes conseguir o pasaporte do Vermú de Inverno en calquera dos establecementos participantes e empeza a percorrer o concello. En cada local no que fagas unha consumición de vermú galego conseguirás un selo no pasaporte. Cando teñas 12 selos de diferentes bares de 3 parroquias distintas podes o teu pasaporte no Museo de Bergantiños.
Presentación
O Vermú de Inverno presentouse onte na Escola de Hostalaría do Fórum Carballo, coincidindo cunha xornada de formación para os/as hostaleiros/as participantes, impartida por Alberto Varela, “a persoa que máis sabe de viños e de vermús”, asegurou o concelleiro de Promoción Económica e Turismo.
Aquí tes a listaxe de establecementos participantes, para que poidas ir preparando a túa propia ruta:
-
A Lareira (Carballo)
-
A Nova Ferradora (Carballo)
-
A Vermutería (Carballo)
-
Albaroque (Carballo)
-
Arnados (Razo)
-
Asador Río Sil (Carballo)
-
aXamonería (Carballo)
-
Bar Bardanca (Oza)
-
Bar Fergo (Cances)
-
Bar Ramón (Razo)
-
Café Bar Caracola (Bértoa)
-
Café Bar Gran Vía (Carballo)
-
Café Bar Infinito (Carballo)
-
Café Bar Os Delfíns (Noicela)
-
Cafetería A Estación (Carballo)
-
Cervecería Amsterdam (Carballo)
-
Cervecería d'pereira (Noicela)
-
Cervecería La Bombonera (Carballo)
-
Dubra Café (Carballo)
-
Korner (Carballo)
-
Marabú Carballo (Carballo)
-
Mesón A Cabaña (Carballo)
-
Mundo Milanesa (Carballo)
-
Namasté India (Carballo)
-
O Cordobés (Razo)
-
O Logradouro (Carballo)
-
Restaurante Mesón do Pulpo (Carballo)
-
Restaurante Pensua Punta del Este (Carballo)
-
Restaurante San Lorenzo (Verdillo)
-
Tasca O Chorís (Carballo)
-
Trattoría Pizzería Vesuvio (Carballo)