sábado. 09.11.2024
El tiempo

400 comensais para o I Xantar A Milagrosa

Directiva da milagrosa
Imaxe dunha reunión da Directiva da Milagrosa
400 comensais para o I Xantar A Milagrosa

Ían ser 546 persoas as que o pasado marzo de 2020 disfrutarían do I Xantar A Milagrosa. Pero a pandemia adiouno todo. Ata este verán, que todo semella voltar á normalidade. Por iso dende a Asociación Cultural e Deportiva “A Milagrosa” de Carballo, queren recuperar a vida, e volve con forza para organizar de novo aquel evento.

A data acordada é a do próximo sábado, día 4 de xuño no Pavillón Polideportivo do Colexio Xesús San Luís Romeu. Os actos darán comezo ás 13:00h coa apertura de portas para dar paso a unha pequena sesión vermout que correrá a cargo do “Grupo Son II”. A continuación, a partir das 14:30 horas, servirase a comida que consistirá en empanada variada, polbo á galega, churrasco de porco e tenreira, chorizos criollos, patacas, sobremesa e licores. Todo iso regado con viño branco e tinto e auga.
Trala degustación, o “Grupo Son II”, iniciará unha segunda actuación que se alongará ata ben entrada a tarde.
Ao longo da celebración sortearase un bo número de agasallos que foron cedidos por distintas casas comerciais do barrio e outros puntos do concello.

Nos próximos días poñeranse á venda as só 400 entradas dispoñibles para o evento en todos os locais de hostelería do barrio da Milagrosa. Os interesados tamén se poderán dirixir aos membros da organización para a adquisición das mesmas.

Nesta celebración colaboran, ademais das casas comerciais e locais de hostelería, o Concello de Carballo e a dirección do Colexio Xesús San Luís Romeu.

Comentarios