Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O 60% do alumnado carballés asegura ter probado o alcohol aos 11 anos

Charla Informativa de Vieiro nun cole de Carballo
Charla Informativa de Vieiro nun cole de Carballo
O 60% do alumnado carballés asegura ter probado o alcohol aos 11 anos

Vén de realizar Asociación Vieiro, un estudo sobre os inicios no consumo de tabaco, alcohol e drogas entre a mocidade de Carballo. No marco do programa de prevención escolar "Triángulo da Saúde”, durante o segundo trimestre do curso 2021/2022, realizou un cuestionario anónimo a 750 rapaces e rapazas da ESO, que ten datos complicados de asumir, e que ratifican a necesidade de seguir traballando educativamente na prevención.

Para os especialistas de Vieiro, “os datos evidencian unha realidade preocupante no uso e abuso de substancias adictivas, polo que non hai que descoidar o traballo preventivo e a responsabilidade do ámbito familiar, social e educativo, alicerces fundamentais no desenvolvemento evolutivo e psicolóxico dos menores”.

Porén, avisan, “debemos tratar os datos reflectidos con cautela, xa que non son unha reprodución exacta da realidade. Moitas das respostas poden estar influenciadas pola conveniencia social, pola presión dos compañeiros ou responder sen ter entendido correctamente a túa afirmación”.

CONSUMOS 1º E 2º DE ESO (12-14 anos)

 

TABACO

ALCOHOL

CANNABIS

EDAD DE INICIO

12 anos

11,11 anos

13,1 anos

Nunca

84,39%

40,76%

94,93%

Probé 1-2 veces

10,03%

37,92%

2,78%

Consumo una vez al mes

3,16%

12,15%

1,31%

Consumo todas las semanas

2,42%

9,17%

0,98%

 

Boa parte do alumnado de 12 a 14 anos, recoñece que nunca probaron o tabaco, pero si que hai pequenas porcentaxes que xao probaron. Iso si, o patrón de comezar a usar segue a repetirse, en segredo, só ou en compañía dun grupo de iguais ou dun familiar de idade similar. A idade media de inicio de consumo rolda os 12 anos, algo superior á detectada en anos anteriores.

No alcol, o caso é diferente, xa que a porcentaxe dos que xa o probaron é máis da metade do alumnado enquisado, observando porcentaxes importantes no consumo mensual e semanal. A idade media de iniciación ao consumo rolda os 11 anos e o patrón de iniciación ao consumo segue a ser o mesmo detectado noutros anos: en compañía da familia e nun ambiente festivo. “Este tipo de actitudes permisivas ante o consumo de alcol así como a súa normalización potencian a aparición dos futuros consumidores, xa que tenden a repetir condutas que se entenden como normais dentro do contorno inmediato”, explican dende Vieiro.

No que respecta ao cannabis, a porcentaxe de consumidores mantense con respecto a outros anos, aumentando a idade de inicio do consumo ata os 13 anos de media. Nos datos recollidos do alumnado de entre 12 e 14 anos detéctanse pequenas porcentaxes de primeiros consumidores e mesmo de fumadores habituais desta sustancia. “A percepción de risco que teñen os menores desta sustancia é moi baixa, e o seu uso está cada vez máis normalizado, motivado tamén por moitos aspectos da cultura xuvenil que enxalzan este tipo de substancias. Ademais, son numerosos os mitos ao seu redor: “é menos nocivo porque é natural”, “é medicinal”, etc”, alertan.

CONSUMOS 3º E 4º DE ESO (14-16 anos)

 

TABACO

ALCOHOL

CANNABIS

 COCAÍNA

D.SÍNTESIS

EDAD DE INICIO

8,31 años

13,85 años

10,28 años

15 años

15,5 años

Nunca

51,13%

30,67%

83,90%

92,07%

96,12%

Probé 1-2 veces

28,65%

22,10%

14,82%

6,8%

2,98%

Consumo una vez al mes

5,20%

17,1%

0%

1,13%

0%

Consumo todas las semanas

15,02%

30,13%

1,28%

0%

0,9%

Pola súa parte, entre a rapazada de 14 a 16 anos, vemos como aumentan as porcentaxes de consumidores habituais.

No alcol, os datos amosan unha realidade preocupante no consumo desta substancia, só un 30,67% afirma non telo probado, case tantos como os que afirman consumilo semanalmente. Así, vemos que as porcentaxes de consumidores habituais aumentan notablemente. “A estas idades, a vida nocturna e o maridaxe diversión-alcol aumentan o seu consumo, xa que son moitos os que afirman beber alcol cada vez que saen. Polo tanto, esta porcentaxe aumentará significativamente ao mesmo tempo que comezan a saír pola noite” explican.

No caso do cannabis, hai unha pequena porcentaxe que afirma consumilo todas as semanas, pero case o 15% probouno. A idade media de inicio do uso desta sustancia sitúase en torno aos 15 anos, algo superior á detectada en estudos anteriores.

Por outra banda, xa se está a detectar consumo tanto de cocaína como doutras drogas sintéticas, e incluso hai pequenas porcentaxes de consumo de cocaína polo menos unha vez ao mes e semanalmente no caso das drogas de deseño.

Comentarios