Martes. 23.04.2024
El tiempo

9 embarcacións baixarán polo Anllóns e 5 cachelas competirán polos premios do San Xoán

Descenso do Anllons
9 embarcacións baixarán polo Anllóns e 5 cachelas competirán polos premios do San Xoán

Xa co San Xoán en marcha, a vila espera as súas citas especiais. Queda moito para recuperar as cifras de participación prepandemia, pero pouco a pouco a xente vaise animando.

Por exemplo, o Concurso de Cachelas acada a súa 33ª edición con cinco participantes. Durante a tarde do xoves 23, xurado realizará o percorrido a partir das 19.30 horas do día 23, e valorará a orixinalidade do deseño e distintos aspectos da elaboración. A gañadora recibirá un premio de 600 euros e trofeo de Sargadelos patrocinado por Calvelo Platería; a segunda, 300 euros; a terceira, 200, e a cuarta, 150.

Pola súa parte o Descenso do Anllóns volve con 9 embarcacións inscritas e un percorrido máis curto, debido a falta de auga na canle. A divertida cita será o sábado 25, con saída ás 18:00h dende o Bosque do Añón, no espazo onde se celebra a Festa do Bosque. Pelexarán polos premios (300€ á máis orixinal!)

 

Comentarios