Venres. 19.04.2024
El tiempo

Polo San Xoán a sardiña molla o pan

Un San Xoan de Corcubion-Foto-Caamano
Fotografía: Pastora Domínguez /Mari Carmen Sambade. Data: 23/06/1968
Polo San Xoán a sardiña molla o pan

O antigo e sabio refranero recórdanos por estas datas que é o momento do ano máis propicio e inmellorable para mollar o pan coa graxa deste sabroso peixe azul, a sardiña.

Achégase San Xoán e este ano que as sardiñas están nun punto máis sabroso que o ano pasado por estas mesmas datas, vénme á memoria aquela fotografía de diminuto tamaño coa que o ollo redactor daquela época nos nosos Concellos o fotógrafo do pobo, Ramón Caamaño Ventín, deixou inmortalizada co seu lente as vivenzas daqueles marabillosos e inesquecibles anos. O século XX foi sen dúbida o da transformación industrial, a capitalización, os avances tecnolóxicos e os grandes cambios políticos e sociais. Con todo hai algo que non cambiou durante todo o seu transcurso: a unión, xentileza, corporativismo, cordialidade e axuda desinteresada entre veciños.

Non é simplemente que buscando no baúl dos recordos calquera tempo pasado nos pareza mellor… como dicía a cantante Karina na súa canción. É unha realidade que se constata nesta fotografía; e que hoxe en día é practicamente imposible de repetir aínda que sexa coa imaxe e presenza doutras persoas na celebración do San Xoán de calquera barrio.

A fotografía de pequenas dimensións, revelada nun formato moi tradicional daqueles tempos como recordo para os veciños, é de tan só 9,5 de alto x 6,5 centímetros de ancho. É obra dos laboratorios Foto-Caamaño (Corcubión) e está fechada o 23 de xuño de 1968 tal e como se pode ler no reverso a fotografía, cincuenta e catro anos ou sexa máis de medio século. Foi tomada no cruceiro de San Antonio no Cabo da Vila (Corcubión).

Máis de medio centenar de veciños por suposto tal e como hoxe en día, coas súas diferenzas persoais e ideolóxicas unidos baixo una mesma consigna e bandeira, a convivenza. Todos xuntos coas súas mans manchadas do carbón da lumeirada preparada para a celebración, coas súas roupas impregnadas de cheiro a sardiña e fume, sen dúbidas o aroma e perfume reinante no momento inmortalizado. Mans axitándose ao compás do acordeón de Cándido Sambade Riveiro, empolvadas e tinguidas dun negro carbón que se sacudía ao son da Rianxeira, ou calquera canción popular entonada ao momento por todas as gargantas alí presentes baixo una mesma voz, a duns veciños que na noite máis curta do ano esquecían as súas penas para mollar o pan coa esencia impregnada na broa do omega 3 da sardiña, todo iso aderezado con Mirindas, gaseosas, Coca Colas ou un viño de casa que nos levase en volandas ata a máis infinita exaltación da amizade, con voces que nalgunha ocasión resistían ata romper os primeiros raios do amencer do novo día.

Polo San Xoan a sardina molla o pan
Viñeta de Luis Davila e fotos de descubrirgalicia.

Poucas ou ningunha destas sas xuntanzas podemos atopar hoxe entre a veciñanza dun barrio, porque malia todos os dispositivos e medios dispoñibles somos incapaces de reunirnos cincuenta persoas; e obter unha fotografía todos xuntos e moito menos con boa cara. Entonar unha canción ou compartir un intre distendido sen pensar en intereses e problemas cotiáns, que por outra banda sempre os houbo ao longo e ancho da vida, converteuse nunha misión socialmente imposible.

Aínda que estas tradicións son cada vez menos frecuentes quizais polo novo formato de sociedade que nos fai cada día máis distantes, con todo aínda é posible ver como hai rituais ancestrais como lavarse a cara a mañá do día de San Juan co auga das súas herbas, ou saltar a cachela permanecen inalterables. Esperemos tamén que estes dous anos pasados de abstinencia total polas lóxicas limitacións en canto a reunións refírese derivadas do virus COVID-19 sírvanos para tomar conciencia e forza para que este tipo de celebracións volvan ser o humanas, próximas e enxebres como algún día indudablemente o foron.

 

NOVAS RELACIONADAS

OUTROS ARTIGOS DE BERNAL