A Cruz Vermella artella un curso de Primeiros Auxilios para bebés en Carballo

08:20 02/05/14

Os vindeiros 30 e 31 de maio, a Cruz Vermella impartirá un curso de Primeiros Auxilios en bebés e infancia en Carballo. o Curso desenvolverase no Forum Carballo, e dura 10 horas (venres de 16:00 a 21:00 e sábado de 09:00 a 14:00h) cun custe de 60€.
O obxectivo principal é proporcionar, os coñecementos máis elementais para aprender a previr accidentes e para Aplicar procedementos e técnicas adecuadas en autoprotección e soporte aos primeiros auxilios; ademais de para Identificar e resolver situacións de urxencia vital.
Abordanse dun xeito sinxelo os contidos máis esenciais sobre Primeiros Auxilios destinados á atención de bebés e nenos.