sábado. 09.05.2026
El tiempo

Santa Comba homenaxea a Doro cun partido ante as Lendas do Real Madrid

Presentacion Homenaxe a Doro-Foto-JParri
Presentación da homenaxe a Doro-Foto-JParri
Santa Comba homenaxea a Doro cun partido ante as Lendas do Real Madrid

Menudo evento prepara Santa Comba para homenaxear a unha lenda vida do noso Fútbol. Porque Doro é un dos futbolistas que pasarán a historia do noso deporte, da nosa comarca, un xogador que ademais de ver mundo, o seu gran fito é demostrar a meirande profesionalidade na sñua comarca, competindo e comprometéndose ao máximo.

Doro chegaba de sorpresa a unha presentación celebrada na Casa do Pozo que contou con personalidades como Paco Buyo, Changui, o presidente da RFGF Pablo Prieto ou o mesmo Iván Cancela.

Estivo moi emocionado e agradecido durante a presentación do partido-homenaxe que se celebrará o 27 de xuño no campo de Fontenla, que enfrontará a un equio de Veteranos do Xallas FC coas Lendas do Real Madrid.

homenaxe a Doro en Santa Comba contra o Madrid Lendas

Máis novas

Comentarios