A Escola de Pais e Nais de Vieiro xa traballa en clave de prevención

06:06 04/12/17

A Asociación Antidroga “Vieiro” iniciou durante o mes de novembro o programa ESCOLA DE PAIS/NAIS destinadas a responsables familiares: pais/nais e titores/as familiares.
As sesións das distintas escolas se imparten na Casa da Xuventude os venres de 19:30 a 21 e os xoves de 19 a 21, no Ceip Fogar os luns de 9:30 a 11 e no Centro Social de Ramil os martes de 19:30 a 21 horas. A duración destas escolas é de 7 meses dando comezo en novembro de 2017 e fin en mayo de 2018. A periodicidad é semanal e as sesións son presenciales cunha duración de 1, 5 horas cada unha. O curso, mpartido polas Psicólogas Lara Rodríguez das Heras e Mª Belén Álvarez Sande, está aberto a outros pais/nais interesados no programa, coa posibilidade de que se inscriban outras persoas para que poidan formar un novos grupos, como mínimo de 15 alumnos/as, quedando pendente os días e horas a impartir o mesmo. O teléfono de contacto é o da Asociación 981756161 O obxecto destes cursos é o de informar e formar aos pais á hora de que estes poidan desempeñar con garantía o labor de educadores/as sobre todo en temas relacionados coa educación persoal e social. Os contidos que se tratan nestas escolas son considerados de alto interese formativo e de vital importancia cara á educación dos fillos/as e que constan dos seguintes talleres: Habilidades persoais e sociais. Disciplina positiva. Violencia. Condutas adictivas. Sexualidade. Os estudos. A familia…Novas relacionadas
- Vieiro dá a coñecer os seus programas nos centros de ensinanza secundaria de Carballo.
- Vieiro abre un novo curso da súa Escola de Pais e Nais
- Vieiro achégase ata as aulas de Carballo co seu programa de prevención escolar.
- Vieiro mantén activo o servizo de información e orientación contra a drogadicción
- Vieiro homenaxea ao seu finado presidente con máis implicación.
- 29-08-17: Falece o presidente da asociación antidroga Vieiro.
- Vieiro recolle nunha revista os seus 25 anos de traxectoria
- Vieiro pon en práctica as habilidades sociais de máis de 1000 estudantes de secundaria de Carballo
- Vieiro renova o seu servizo de dar respaldo xurídico
- 100 pais e nais aprenden con Vieiro a importancia da prevención
- Vieiro axuda a adolescentes de Carballo a coñecer e xestionar as súas habilidades socioemocionais.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Vieiro