Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A integración dos moinantes, a sostibilidade, a dixitalización e a transparencia, claves do programa carballés DUSI

A integración dos moinantes, a sostibilidade, a dixitalización e a transparencia, claves do programa carballés DUSI
carril-bici-carballo-malpica O proxecto DUSI propón crear máis carrís bici

Xa avanzamos as primeiras liñas do proxecto “Carballo Sostible - DUSI (Desenvolvemento Urbano Sostible e Inclusivo): un Carballo sostible para todos”. Un programa proposto polo Concello de Carballo para optar aos fondos europeos FEDER que inclúe moitas partes.

Hoxe coñecémolo un pouco mellor tralas explicacións do Concello carballés unha vez que teñen remitido a estratexua á Xunta para optar a programas por valor de 6 millóns de euros. O obxectivo: “crear unha cidade limpa, sostible e inclusiva de cara ao ano 2022”.

Sostibilidade, Dixitalización e Integración

Dous son alicerces do proxecto: a sostibilidade e a integración.

A integración está enfocada á formación de colectivos en risco de exclusión social, pero o 1,6 millóns de euros de orzamento proposto tamén se empregrarán en facer parques infantís, na mellora das instalacións municipais e da súa accesibilidade, na posta en marcha dun plan de mellora de feiras e mercados ou na creación dos consellos de participación cidadá.

Destacamos tamén o punto “Economía baixa en carbono”, coa creación de camiños peonís e de carril bici urbanos, para fomentar o seu uso. Nese sentido tamén hai partidas para apoiar proxectos exitosos en marcha como son o FIOT, o Carballo InterPlay ou o Rexenera Fest, ou a potenciar a iniciativa "Derrubando muros con pintura”; ou mesmo o acondicionamento de aparcadoiros disuasorios, e a potenciación do Horto Infantil.

A liña da “Tecnoloxías da información e da comunicación”, contaría con 840.000 euros para a desenvolver un portal de transparencia municipal, a crear a rede "Carballo sen fíos" ou á dixitalización dos recursos e do patrimonio turístico.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios