Domingo. 28.04.2024
El tiempo

A velutina non medrou en 2017

A velutina non medrou en 2017
rainas de Avespa velutina cazadas en Carballo A campaña de trampeo de raíñas foi fundamental para o control da plaga

Atendendo aos datos de niños retirados polo pioneiro servizo municipal de control de pragas do Concello de Carballo (a través da empresa Plaguiber), a preocupante progresión da avespa velutina non medrou durante 2018. Os operarios retiraron durante o ano 646 niños de avespa velutina, apenas un menos que no 2017.

Boa culpa deste parón do seu espallamento é a campaña de trampeo na primavera, con máis de 10.000 raíñas capturadas. Os bos resultados da iniciativa, xunto con outros factores, traducíronse nun descenso do número de niños no primeiro semestre do ano, pero a partir do verán volveuse a disparar a incidencia da praga.

Lembran que as 18 parroquias do concello sufriron a visita da asiática. No mes de decembro, no que foron retirados 80 niños, a peor parte correspondeu a Rus, con 21, e Razo, con 18. A práctica totalidade apareceron en árbores, boa parte deles a moita altura, o que obrigou a utilizar a grúa en varias ocasións.

Dende o Concello valoran a colaboración dos apicultores locais e as campañas divulgativas tanto no trampeo como a exposición do niño viaxeiro, que pode verse estes días no primeiro andar da Casa do Concello.

As persoas que localicen un niño poden chamar ao 012 ou ao 112, desde onde darán aviso ao Servizo Municipal de Control de Pragas.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-vespas-velutinas-mudan-o-seu-modus-operandi/
Comentarios