Berocasión enchegará Carballo de vehículos de ocasión os días 28, 29 e 30 de agosto
Carballo acolle os días 28, 29 e 30 de agosto a 21ª edición de Berocasión, a feira do vehículo de ocasión que se consolida ano tras ano como unha cita imprescindible para profesionais do sector e público interesado en adquirir vehículos con garantías.
A organización, coordinada por AXOBER xunto cos concesionarios participantes, vén de poñer en marcha os preparativos desta nova edición, que manterá a súa esencia como evento especializado exclusivamente en vehículos de ocasión, reforzando así a súa identidade e valor diferencial. Os concesionarios confirmados polo momento son: Miguelauto, Antamotor, PS Automoción, Pensado Motor, Talleres Juan Lema, JG Car, Corgal Automóviles, Dimolk, Famauto e Balsacar.
Será unha edición chea de novidades con sorteos e premios para o público e con actividades paralelas que complementarán esta feira que é un dos motores da dinamizacion económica e comercial para Carballo e a súa contorna