Aberta a inscrición do primeiro taller para profesionais no marco do Sabores do Anllóns

Ponse en marcha o vindeiro luns o proxecto os Fogóns do Anllóns. Faino cun completo formativo formulado para profesionais empresas turísticas, aloxamentos turísticos, hostalaría, empresas de servizos turísticos, agricultores e produtores, e mariscadores e pescadores artesáns do territorio que abrangue o proxecto Os fogóns do Anllóns (A Laracha, Carballo, Coristanco, Ponteceso e Cabana).
A primeira cita será o vindeiro luns 22 de outubro, de 16.30 a 19.30h, no Forum Carballo. Será impartida por Alexandra Touza, CEO de Ponle cara al turismo e leva por título Sabores do Anllóns: fusionando territorios e tradicións. Novas estratexias turísticas para o desenvolvemento local
Poden realizar a inscrición aquí, e ademais poden pedir máis información no 960 077 927 ou do enderezo electrónico natalia@castrotourism.com.