domingo. 10.11.2024
El tiempo

O proxecto Fogóns do Anllóns ponse a andar con restaurantes, aloxamentos, produtores e mariscadores da comarca

Os Fogóns do Anllóns-FITUR 2023-Deputacion
Imaxe da presentación dos Fogóns no pasado Fitur
O proxecto Fogóns do Anllóns ponse a andar con restaurantes, aloxamentos, produtores e mariscadores da comarca

Por fin o proxecto Os fogóns do Anllóns comeza a materializarse. Despois de máis de 3 anos de xestación, este proxecto que trata de poñer en valor a gastronomía e o patrimoio dos 5 concellos bergantiñáns vinculados co río Anllóns, salta á acción.

O 22 de outubro arrancará no Fórum Carballo un programa formativo que forma parte do e que ten como finalidade a creación de produtos turísticos paquetizables e vinculados á gastronomía.

Nesta primeira xornada, Sabores do Anllóns: fusionando territorios e tradicións. Novas estratexias turísticas para o desenvolvemento local, contarán con Alexandra Touza, CEO de Ponle cara al turismo. A sesión desenvolverase en horario de 16.30 a 19.30.

O programa vai dirixido a empresas turísticas, aloxamentos turísticos, hostalaría, empresas de servizos turísticos, agricultores e produtores, e mariscadores e pescadores artesáns do territorio que abrangue o proxecto Os fogóns do Anllóns. As persoas interesadas poden solicitar información ao detalle a través do teléfono 960 077 927 ou do enderezo electrónico [email protected].

Sesións formativas

As sesións formativas continuarán ata ao mes de decembro coas seguintes propostas:

  • 11 de novembro (16.30 a 19.30 horas). Cultivando oportunidades, recollendo experiencias. Actividade en liña con Luismi Montoya e Alicia Mendive, de Agroturismo Mari Cruz. 
  • 18 de novembro (16.30 a 19.30 horas). Boas prácticas para o ensamble do sector primario e restauración. Sesión en liña con Alberto Galloso, CEO de Soluciones Turísticas.
  • 25 de novembro (16.30 a 19.30 horas). Obradoiro de creación de experiencias turísticas con Elena Soler, consultora sénior en Castro Tourism Advisors. Actividade presencial, na Casa do Pendón de Cabana de Bergantiños.
  • 2 de decembro (16.30 a 19.30 horas). Claves para innovar no márketing turístico, con Juan Castro, CEO de Castro Tourism Advisors. Sesión presencial na Casa da Cultura da Laracha.

Máis novas do proxecto

Comentarios