Martes. 26.01.2021
El tiempo

A agrupación municipalista Xuntos Carballo alerta da perda de servizos sociais básicos polo proceso privatizador

Algúns membros da Agrupación Municipalista Xuntos Carballo
Algúns membros da Agrupación Municipalista Xuntos Carballo
A agrupación municipalista Xuntos Carballo alerta da perda de servizos sociais básicos polo proceso privatizador

Aínda en plena pandemia, a agrupación municipalista carballesa Xuntos Carballo, constituída en maio de 2019, e que parte da Confederación de Forzas Locais Galegas, quere trasladar unha reflexión, na que amosa a súa “preocupación pola situación que está vivindo a sociedade galega” pero que ao mesmo tempo serve de “nova oportunidade para recuperar o terreo perdido durante os anos da plaga liberal”.

A Agrupación entende que a pandemia está servindo para “testar o funcionamento dos servizos públicos”, que sucumben despois de “anos de recortes notáronse en todas as áreas do sistema sanitaria” por mor dos “modelos neoliberais que dende fai anos o Partido Popular ensaia en Galicia”.
”A xestión semiprivada aplicada polo PP nos hospitais non foi quen de soportar a presión da pandemia. Houbo que improvisar e a atención primaria foi a peor parada, as ratio de pacientes e tempos de atención por medico son das peores cifras de España”.

Dende a Confederación lembran tamén a lamentable situación das residencias de anciáns, e culpan tamén ao modelo privatizador.

En canto á educación, “a pandemia encontrounos cos mecanismos de comunicación obsoletos na maioría dos casos, unha precaria dixitalización, cunha lenta resposta polas administracións públicas durante o curso pasado, pero que durante todo o verán foron incapaces de subsanar, provocando o caos no novo curso, e incumprindo en ratios de alumnos/as ao negar a contratación de persoal”.

Todos estes recortes reflíctense na situación dos Concellos, “abandonados á súa sorte, cos recursos minguados e asumindo competencias impropias.

Alternativas

Ante todo isto, o Consello de Forzas Locais de Galicia amosan os 5 puntos que deben seguir de guía para recuperar o país:

  • É absolutamente necesario que o sector publico seña o motor económico e social da recuperación.
  • A recuperación debe planificarse tendo en conta as necesidades dunha económica verde inserida dentro da loita contra o cambio climático e a sostibilidade ecolóxica do planeta.
  • Temos que presionar para que todos os procesos de recuperación teñan como clave a eliminación das desigualdades sociais. A prioridade absoluta debe ser o progreso das capas sociais mas desfavorecidas.
  • O acceso a servizos como auga, enerxía, saneamento, e comunicacións veuse como vital e básico. Debemos considerar de xeito criminal que se lle poida cortar algún deles a un cidadán. O mesmo serve para as políticas de vivenda.
  • Ademais das medidas económicas de estímulo e calquera outra medida noutros ambitos, deberase impulsar as capacidades das diferentes capas de goberno, en concreto as entidades locais e comarcais, e compre unha maior cooperación entre las autoridades locais, autonómicas e estatais.

comentarios