Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aloumiños organiza un Curso Homologado de Lingua de Signos en Carballo

Curso Lingua de Signos ALOUMIÑOS en Carballo
Aloumiños organiza un Curso Homologado de Lingua de Signos en Carballo

A Asociación Aloumiños acada de anunciar a realización do seu primeiro Curso Homologado de Lingua de Signos. Unha gran oportunidade de aprender unha linguaxe cada vez máis necesaria na nosa, cada vez máis inclusiva, sociedade.

O curso impartirase no Edificio Espazo Xove da Xunta de Galicia en Carballo (Rúa Valle Inclán,24, 3º andar) e dará comezo o próximo 2 de marzo, organizado pola nosa entidade e impartido pola FAXPG (Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia).

As prazas son limitadas e por orde de incrición (Data límite, 27 de Febreiro). O prezo é de 270€ para soci@s de Aloumiños, parad@s e estudantes, e 360€ para non socios.

Para máis información: [email protected] e ao 604028730.

Comentarios