Xoves. 30.05.2024
El tiempo

O alumnado do obradoiro de emprego Carballo Coida II inicia as súas prácticas en institucións sociais da comarca

Carballo Coida convenio
Entidades sociais da comarca no Concello de
O alumnado do obradoiro de emprego Carballo Coida II inicia as súas prácticas en institucións sociais da comarca

Chegou o momento de aplicar a situacións reais os coñecementos adquiridos a través da formación teórica e práctica no obradoiro dual de emprego Carballo Coida II. Concello e entidades sociais da comarca veñen de asinar o convenio para que o alumnado-traballador realice as prácticas nas instalacións da Asociación de pais de discapacitados psíquicos de Bergantiños (Aspaber), Asociación de familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias de Bergantiños (Afaber), Asociación Íntegro das persoas con diversidade funcional da Costa da Morte, Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) e Centro de día do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

As 18 alumnas e os 2 alumnos que están a formarse no obradoiro dividiranse en dous grupos para levar a cabo as prácticas. “Cada alumno-traballador vai realizar prácticas en dúas institucións diferentes para coñecer o traballo con persoas maiores, por unha banda, e con persoas con discapacidade, pola outra”, explicou a directora do obradoiro, Esther González.

Comentarios