mércores. 11.12.2024
El tiempo

Ana Pontón defende en Carballo un "modelo alternativo de financiamento para Galiza"

Foto 3 - Ana Pontón Carballo
Ana Pontón e Evencio Ferrero en Carballo
Ana Pontón defende en Carballo un "modelo alternativo de financiamento para Galiza"

Participou a portavoz nacional, Ana Pontón, onte nunha xornada en Carballo, para defender o modelo alternativo de financiamento que propón o BNG, un modelo “xusto” cos galegos e coas galegas no que Galiza teña “a chave dos seus cartos” tal e como xa ten Euskadi e pronto vai ter Cataluña.  

Así o explicou nun acto público enmarcado na campaña ‘Concerto económico: Galiza coa chave dos seus cartos’ que está a desenvolver o BNG para espallar a súa idea sobre o modelo de financiamento para o noso país.

Pontón avogou por acadar un acordo bilateral co Estado "que lle permita a Galiza recadar o 100% dos seus impostos" porque non ten que conformarse con “migallas como pretende un PP que só defende retoques cosméticos no sistema actual", un sistema que cualificou de “inxusto” e co que a cidadanía galega “perde miles de millóns de euros”. 

Foto 3 - Ana Pontón Carballo

Esixen que Galicia "non permaneza como espactadora" e que non se rixa á "submisión" que exerce o PP galego sobre Madrid.

Diferencial negativo

Nese sentido, parao BNG "Galiza será quen faga as contas co Estado e non ao revés, transferíndolle a Madrid o pago dos servizos comúns que presta no País".

O BNG considera que co actual modelo, o Estado “está facendo caixa” a costa da cidadanía galega. E referiuse ao informe elaborado polo economista Xosé Díaz, segundo o que, en 2022, último exercicio liquidado, o Estado recadou 15.385 millóns de euros en Galicia, que recibiu 10.041 millóns, é dicir, "un diferencial negativo de 5.344 millóns ao que habería que restar o pago ao Estado polos servizos que presta pero que, aínda así, suporía un saldo enorme a favor do País".  

Para afondar no infrafinanciamento galego, a líder nacionalista tamén recordou o informe do Consello de Contas que, "logo de analizar o actual modelo de financiamento en termos de equidade e suficiencia, sitúa o déficit do financiamento entre 2009 e 2021 en case 20.000 millóns de euros, é dicir, que Galiza perde arredor de 1.500 millóns cada ano".  

Pontón lembrou que ese xa é o modelo que xa ten Euskadi e vai ter Cataluña. 

Comentarios